Stop Macrogranxas Agolada

Comunidad Autónoma:Galicia

Provincia:Pontevedra

Ubicación:Agolada

Año de creación:2026

Problemática:Macrogranja de gallinas ponedoras

Síguenos en redes sociales

A nosa terra son as aldeas, os montes, os ríos e as persoas que lles dan vida. Un patrimonio natural e humano que queremos protexer. Queremos informar con rigor, escoitar a veciñanza e promover a participación para protexer un rural vivo e sostible.

STOP MACROGRANXAS AGOLADA es unha plataforma veciñal preocupada polos posibles impactos das macrogranxas no noso territorio.

Trátase dunha macrogranxa de máis de 365.000 galiñas, 7.593 toneladas/ano de galiñaza (uns 21.000 k/día) emisións de 134 t anuais de amoníaco (cheiro forte que en concentracións altas pode irritar os ollos e as mucosas) ademais de dispersión de bacterias resistentes aos antibióticos, pó e tráfico pesado. O propio Estudio de Impacto Ambiental (páx 39) recoñece impactos acumulativos e sinérxicos sobre a saúde humana pola exposición a cheiros e ruídos.

A propia documentación da promotora, as naves quedan a 500 metros da aldea de Couso e a 1.120 m do núcleo de Agolada (EIA, p. 7), onde están o colexio, o centro de saúde e Os Pendellos, conxunto arquitectónico do século XVIII, declarado Ben de Interese Cultural e emblema da vila, no que se celebra cada ano a Feira de Artesanía que organiza a Xunta de Galicia.

Os estudos científicos acreditan impactos negativos na saúde da poboación circundante e traballadores/as das explotacións gandeiras intensivas: incremento de problemas respiratorios (asma, neumonías -nun radio de 2 km-), cancro, enfermidades cardiovasculares (nun radio de ata 15 km), cerebrovasculares e diabetes (radio de ata 10 km), bacterias resistentes aos antibióticos,… ademais do risco de zoonoses.

Noticias recientes:

Actualidad

Conoce nuestros comunicados, la actualidad informativa alrededor de la ganadería industrial y el calendario con nuestros eventos.